lunes, 28 de marzo de 2011

O “GARUM BISTRO” PON EN MARCHA UNHAS XORNADAS DE TAPAS CON CONSERVAS ECOLOXICAS DE “CABO DE PEÑAS”

- As xornadas rematarán en 15 días cun obradoiro de cociña con latas impartido polo seu chef Eloy Cancela.

   “Bocados de saúde”,Tapas de cociña elaboradas coa nova liña de conservas ecolóxicas e a liña Gran Selección de Cabo de Peñas. Do 28 de marzo ao 10 de abril 2011.
¿Un recurso para cando se ten pouco tempo? Non, as latas son moito máis. Dada a variedade e calidade das conservas que se atopan no mercado hoxe en día, cociñar con produtos enlatados é unha das moitas posibilidades coas que contan os amantes da cociña á hora de preparar unha comida exquisita.
Poder contar coa liña Gran Selección e a nova liña de conservas ecolóxicas de Cabo de Peñas, feitas coa mellor selección de materias primas elaborada con aceite oliva virxe extra ecolóxico, para nós significa calidade, saúde e ecoloxía. Significa que grazas a Cabo de Peñas e aos seus productos poidamos reivindicar as excelentes conservas que temos no noso país.

   Todos os clientes que disfruten das Tapas durante estas xornadas, optarán aos diferentes lotes de conservas cedidas por Cabo de Peñas para este evento. Para iso deberán estar moi atentos a páxina de Facebook do Garum Bistro.

   Estas son as tapas que se poderán degustar.-

-         Berberechos con xelatina de sidra, cebolleta e lascas de xamón.
-         Ñoquis de mexillón con escabeche suave e brotes de cebola.
-         Crocante de sardiñas con chutney de physalis.
-         Lombo de sardinilla con xel de albahaca e cremoso de améndoa.
-         Empanada deconstruida de chipiróns recheos y salsa negra.
-         Paté de atún sobre foccacia con raiadura de requeixo.
-         Mexillóns en tempura sobre alioli do seu propio escabeche



   Estas xornadas contan coa colaboración de Cabo de Peñas coa sua liña de productos de conservas ecoloxicas e da liña Gran Selección. Tamén na elaboración dos pratos utilizarase aceite de oliva virxe extra de Unioliva, que elaboran de xeito artesanal.
   Esta iniciativa do Garum Bistro, englobase nunha serie de actividades que se estan a realizar dende a Asociación Gastronomica Galega COMP & GO de recente creación a que pertence o propio Garum. Tratase dunha asociación que reune a cociñeiros prometedores, enologos, profesionais de hostelería, bloguers, productores, xestores gastronomicos ou xornalistas, que teñen unha paixón común, a gastronomia. Coas suas iniciativas queren achegar a gastronomia e todo o que a rodea a todo o publico xeral, e convertirse nun medio de promoción da materia prima galega e imaxe de bo facer.
   As xornadas remataran con outra proposta francamente interesante, Un obradoiro de cociña con latas. O obxectivo deste obradoiro é sacar o maior proveito posible a unha conserva combinándoa con outro produto fresco o cociñándoa cos seus propios caldos e aceites. Nas xornadas realizadas nos días pasados comprobamos o interese que este tipo de cociña pode ter para todos vós. Primeiro porque aporta ideas orixinais. Segundo porque los coñecementos de cociña que se requiren son mínimos. E terceiro pola rapidez nas elaboracións, sen necesidade de invertir máis de dez ou quince minutos nas elaboracións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario